» banda deseñada »  autores
neveira.jpgLorente Esquiva, María Dolores
Bigastro (Alacante)  1980   
Lola Lorente
Debuxante
Artista valenciá afincada en Galicia, participou na revista Nosotros Somos Los Muertos 12, 14 e 15 e foi membro do Fanzine Enfermo. Publicou no suplemento Culturas de La Vanguardia.

Palmarés
Mención de honra no concurso Valencia-Crea (2006) na modalidade cómic. Segundo premio no concurso de cómic Vanguarclasidia de Salamanca (2006). Primeiro premio no certame de ilustración INJUVE (2006). Primeiro premio de cómic no concurso Centro 14 (Alacante, 2007). Candidata ao premio a mellor autor revelación no 26 Saló do Còmic de Barcelona (2008). Premio no concurso de ilustración infantil Pura e Dora Vázquez (Deputación de Ourense, 2008). Coa historia Ventrílocuo gañou o segundo premio do certame Gz Crea da Xunta de Galicia (2008). Na categoría de solidariedade, recibiu o primeiro premio do II Concurso Creacómic (2009), grazas á obra “Emigración”.

Formación específica
Licenciada en Belas Artes pola Universidade San Carlos (Valencia, 2003). Ciclo Superior de Ilustración na Escola Masasana (Barcelona, 2006).
publicacións
Álbum
Sangre de mi sangre
Debuxante, Guionista,
Álbum
Enfermo
Debuxante, Guionista,
Álbum
GzCrea
Debuxante,
Revista ou comic-book
Concurso galego de BD (varios títulos)
Debuxante,


  Noticias relacionadas

Autores galegos visitan o Saló del Còmic de Barcelona
Publicado o 10 / 4 / 2013
Entre eles están os candidatos aos premios e debuxantes que presentan os seus traballos
Crear en 2012 (I)
Publicado o 19 / 12 / 2012
Repasamos o que deu de si o ano nas industrias culturais nunha serie de dúas reportaxes
Chegan as XXIV Xornadas de Banda Deseñada de Ourense
Publicado o 1 / 10 / 2012
Transcorrerán entre o 2 e o 21 de outubro deste ano
Ourense terá Xornadas de banda deseñada
Publicado o 31 / 5 / 2012
A Fundación Benito Losada celebrará tamén o Outono Fotográfico
José Domingo e Lola Lorente, premiados no Saló del Còmic de Barcelona
Publicado o 7 / 5 / 2012
Levaron os galardóns a mellor obra e a autor revelación
Menos postos e máis sinaturas no Saló del Còmic de Barcelona
Publicado o 3 / 5 / 2012
A BD Galega non conta con presenza institucional por segundo ano consecutivo
Lola Lorente publica en Francia e en Italia
Publicado o 21 / 3 / 2012
A súa obra Sangre de mi sangre continúa o seu percorrido internacional

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org